Bonecas estilo waldorf

Dueño: Eva
Categoría: Cousas de bebés/nenas.
Precio: 160,00 Sb

Bonecas de lá feitas de maneira artesanal ao “estilo” Waldorf. Apreciadas nas escolas e familias que seguen esta pedagoxía pola súa calidez , o papel que desempeñan no xogo simbólico e a estimulación sensorial que transmiten.
O proceso da súa elaboración esixe a dedicación de moitas horas: deseño de patróns, enfieltrado de cara e torso, cosido e recheado da “pel”,elaboración da perruca, ensartado de ollos con fío de algodón, patronaxe e cosido da roupa, calcetado de chaquetas, modelado en coiro e cosido a man de zapatos... Conseguindo bonecas con personalidade única, todas diferentes e especiais.
Os materiais empregados para a súa elaboración son naturais e de alta calide, algúns deles con certificado ecolóxico:
Lá de ovella
Lá de mohair
Lá de alpaca
Algodón
Coiro
Madeira