Obradoiros e Asesoramento Teatral

Dueño: Alba
Categoría: Educación / clases
Precio: 45,00 Sb

>>> Por unha hora de formación gustaríame recibir 45 sabias ou euros, repartido o pago entre as asistentes, cando se trata de grupos.
Os custes de desprazamento será en euros e a parte deste prezo e contando dende Vigo ou dende Ourense.
Se estás interesada en propoñer algunha destas actividades para a túa asociación, barrio ou concello, podes contactarme para consultar as condicións dos grupos, dispoñibilidades e programas.

- As miñas mecánicas para levar a cabo unha aula ou curso grupal é a través dos círculos e o consenso, así as participantes poden escoller o seu programa e o qué traballar ou como facelo, entre os variados recursos.
A horizontalidade e establecer o trato de igual a igual en calquera caso sempre é a constante, independentemente de calquera condición humana.
En canto ás aulas de formación, eu traballo pululando entre dous roles, o de acompañadora no xogo libre a partir de premisas e o de facilitadora do coñecemento escénico.

>>> Podo acompañar o teu proceso de creación escénica, sobre todo se está relacionado coa manipulación de títeres e obxectos, o teatro físico ou o teatro visual.
O prezo disto sería a convir dependendo das necesidades de cada caso e das posibilidades de troco que atopemos ou non.

>>> Da mesma maneira, podo axudarche a preparar probas de acceso a unha academia de artes escénicas
e acompañarte a crear ou enriquecer un programa pedagóxico con recursos teatrais, se o precisas.

Podes contactarme en albagrande@riseup.net
ou por Telegram @algabrava